domingo, 27 de febrero de 2011

SINWATER



Había unha vez unha nube que non sabía chover. Chamábase SINWATER.
Era moi desgraciada, pois... non podía facer todas as cousas que lles gusta facer ás nubes. Cando están ledas, encántalles botar un lixeiro orballo. Polas noites, gústalles meter medo e converterse en néboa. E cando fai moito frío, botan unhas folerpas de neve que semellan algodón de azucre. Cando están moi anoxadas, deixan caer unha boa treboada, raios e tronos!! E... outros moitos fenómenos que lles gusta facer ás nubes.
SINWATER, andaba sempre de aquí para alá, a onde a levara o vento. Coñecía milleiros de irmás nubes que contaban incribles historias de auga... o que se di de chuvia!!”

Sinwater estaba moi triste porque non podía facer choiva coma as demais nubes e vogaba de aquí para ala lamentándose .
Sinwater non era feliz, porque non podía facer choiva coma as demais nubes. A Sinwater dáballe envexa ver como o resto das nubes podían facer choiva, as súas compañeiras ríanse dela mentes dicían:
-Ah, ah, ah! non podes facer choiva! Sí é verdade, ser unha  nube sen auga non ten sentido!
Ela intentaba dicirlle o mesmo a elas pero sabía que se llo dicía estaría dicindo unha mentira xa que Sinwater era a única do país das nubes que non podía botar choiva, néboa ou algunha que outra treboada. Sinwater intentaba milleiros de veces botar auga  pero por moito que o intentaba non conseguía botar nin unha pinga.  Sinwater non votaba nin sequera néboa.
Cando chegaba a súa casa, onda os seus pais,Sinwater sempre chegaba moi triste, nin eles a podían consolar. Entón, intentando consolala, á súa nai ocorréuselle unha anécdota que podía calmar a Sinwater,e díxolle:
-Vouche contar unha cousa que te pode calmar.
-Calmar a min, non creo xa é imposible que teña auga, e sen auga non podo facer treboadas,orballos, néboa e algunha que outra nevada, sen iso non son unha verdadeira nube, solo son unha nube que adorna alá no alto do ceo.
-Mira, escóitame e xa verás. Cando eu era coma ti tampouco votaba auga.
-  Ai, non?
-  Non,e sempre estaba triste coma ti pero dixéronme que no máis alto do ceo había unha fada que era a raíña das nubes e dáballe o poder da choiva a cada unha das nubes do ceo sen pasárselle unha. Pero eu non o cría porque de min tíñase esquecido completamente .Ao día seguinte fun vela e díxenlle que se esquecera de min e que non me dera o poder da choiva. Ela díxome que todos os anos se esquecía dalgunha pero deume  eses poderes.
-Mamá, mañá mesmo vou vela.
E así foi, acudiu a raíña das nubes e díxolle que se esquecera dos seus poderes, e a nube raíña díxolle:
-Perdoa ,xa  vou un pouco vella e cada vez me esquezo de máis dunha. Dareiche os teus poderes agora mesmo.
Sinwater non o podía crer xa tiña os seus poderes.
Agora xa  podía facer treboadas,orballos, néboa e algunha nevarada.
Sinwater xa era por fin feliz e podía facer todo aquilo que fan as nubes.

PAULA

3 comentarios:

  1. Es muy largo pero al mismo tiempo muy bonito e imaginativo.

    ResponderEliminar
  2. Gracias Sara.Me alegro de que te guste.:D

    ResponderEliminar
  3. Mola.Te quedó muy bien Paula.FELICIDADES!!

    ResponderEliminar